Toca madeira, alza o voo
Toca madeira, alza o voo (7 outubro 2025 • 12 abril 2026)
Museo Tiflolóxico da ONCE
Tense feito unha selección de obras escultóricas pertencentes á colección do Museo Tiflolóxico da ONCE, realizadas tanto por artistas con discapacidade visual grave como por artistas sen ela.
A expresión “alzar o voo”, no contexto da superación persoal, é unha metáfora para simbolizar o progreso, o
crecemento e a liberación de obstáculos. Evoca a idea de superar dificultades, alcanzar metas e ascender a
novos niveis de logro, deixando atrás situacións adversas e avanzando, escribindo a nosa historia con valentía e
determinación.
A través destas esculturas, invítasenos a reflexionar sobre o proceso de crecemento persoal e a importancia de
aprender das experiencias da vida, incluso das desafiantes, resaltando a capacidade do ser humano para superar
obstáculos e dirixir a súa propia vida. Centrámonos en reflexionar en particular sobre a discapacidade visual,
ofrecendo a posibilidade de empatizar a través do desfrute e coñecemento ao tacto das esculturas.
