O museo
O Museo Tiflolóxico foi creado pola ONCE en 1992, e defínese coma un museo para ver e tocar. O seu nome procede do termo grego typhlós, que significa cego.
A nosa misión é facilitar o acceso á cultura ás persoas con discapacidade visual, promover a artistas afiliados á ONCE, e ofrecerlles aos visitantes unha forma diferente de descubrir as nosas coleccións.
O museo conta con tres colección permanentes:
- Reproducións de monumentos nacionais e internacionais.
- Obras de artistas cegos e con discapacidade visual grave.
- Material tiflolóxico.
O deseño do espazo expositivo xunto cos sistemas de orientación (balizas sonoras ou Beepcons e planos en relevo), ademais da información en braille e macrocaracteres, converten a visita nunha experiencia accesible para as persoas con discapacidade visual e recomendable para todos os públicos.